Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Estrada recupera as andainas coa convocatoria de catro citas

Os roteiros, dirixidos a maiores de 55 anos, teñen prazas limitadas para unhas 20 persoas

A Estrada. O Concello da Estrada recupera neste mes de maio o programa de roteiros Voltamos ás Andainas. E faino cun programa de actividade física para maiores que consta de catro andainas polo concello e que vai enfocado a persoas a partir de cincuenta e cinco anos empadroadas.

Todos os roteiros teñen as prazas limitadas con grupos reducidos a 20 persoas, guiados por dous monitores para cumprir a normativa vixente.

Haberá que formalizar unha inscrición no rexistro do Concello ou pola sede electrónica, cumprimentando ficha e adxuntando fotocopia do DNI. No caso de rematar o prazo de inscrición e non estar cubertas as prazas de cada roteiro, abriranse as prazas a todas as idades.

Os roteiros terán todos o mesmo horario de saída, ás 17.00 horas, e serán os seguintes: o mércores día 12, camiñata de San Miguel de Castro-Ribeiras do Ulla, cuxo prazo finaliza o día 10; o mércores 19, Codeseda-Ribeiras do Umia, cuxo prazo remata o día 17; o sábado 22, A Estrada-Muíños de Ouzande, e inscrición ata o día 20; e o sábado 29, A Estrada-Regato de Figueroa, apuntándose antes do 27. A distancia é de dez quilómetros, cunha duración de tres horas e quince minutos. O nivel de dificultade é baixo.

De existir demanda haberá servizo de transporte dende a Praza do Concello ata o punto de saída nos roteiros de Castro e Codeseda os mércores. Cada participante poderase inscribir como máximo en dúas andainas. Na saída, darase unha peza de froita e un botellín de auga. arca

06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.