Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Estrada reforma a súa aposta polo emprendedor

A Estrada. O departamento de Emprego do Concello da Estrada, xunto co Punto de Atención a Emprendedores (PAE) e a Escola de Organización Industrial (EOI), vén de poñer en marcha Espazos Coworking de Emprendemento Xuvenil, un programa de formación e mentorización dirixido á mocidade. A iniciativa pretende favorecer a integración laboral da xuventude materializando os seus propios proxectos e ao mesmo tempo contribuír ao desenvolvemento do tecido empresarial estradense.

A iniciativa está dirixida a persoas mozas cunha visión emprendedora, social, innovadora e sustentable que desexen crear a súa propia empresa e non atopan o posto de traballo que buscan no mercado laboral. Durante os catro meses do programa, os participantes beneficiaranse de 30 horas de mentorización individual e grupal, nas que recibirán formación e asesoramento de especialistas para desenvolver os seus modelos de negocio, e 60 horas de formación online para que materialicen os proxectos.

Ademais, poderán optar ás axudas directas para a posta en marcha dun programa emprendedor que activa a Escola de Organización Industrial, por un total de preto de dous millóns de euros.

A formación será presencial, na Estrada, se se acada un mínimo de 15 inscricións, e en caso contrario de xeito virtual. Os interesados deben estar rexistrados no Plan de Garantía Xuvenil da Xunta e cubrir o formulario. arca

09 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.