Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada ten dous meses de prazo para cumprir o fallo sobre a RPT

CCOO da a coñecer o auto do Xulgado que rexeita a ampliación pedida polo Concello

A Estrada. O Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra vén de dictar un auto, no que se desestima a petición do goberno municipal de A Estrada para que se lle concedese un prazo de 10 meses para a execución da sentenza da Relación de Postos de Traballo (RTP) do Concello, e no que lle efectúa un requerimento para que execute dito fallo no prazo máximo de dous meses, segundo a información facilitada onte polo sindicato CCOO.

No auto dinlle ao Concello que de non cumprir o prazo, adoptarán as medidas previstas no artigo 112 da Lei Reguladora da Jurisdicción Contencioso-Administrativa, que

consisten en impoñer as autoridades multas coercitivas de ata 1.500 euros, que se poden reiterar ata a completa execución do fallo judicial, sin perxuizo das responsabilidades patrimoniais ás que houbese lugar, e esixir a responsabilidade penal que puidera corresponder.

Para CCOO o auto confirma plenamente a súa interpretación da sentenza que “lle foi trasmitida de xeito reiterado ao alcalde nas mesas de negociación, e que este tratou de ningunear contratando un novo estudo para unha nova RPT coa Universidade da Coruña”. arca

26 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.