Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A estradense Delia Bustelo Buela recibirá
o premio honorífico á muller traballadora

A Estrada. Delia Bustelo Buela será a galardoada este ano co Premio Honorífico o Labor da Muller Traballadora do Concello da Estrada. Nada un 8 de marzo, día no que se celebra o Día Internacional da Muller, Delia Bustelo, veciña de San Xiao de Vea (San Bartolomeu), traballou case toda a súa vida no sector do comercio local no que rexentaba unha mercería, segundo informan fontes municipais.

Ao longo de toda a súa vida tivo que facer fronte a momentos complicados non só derivados da propia actividade comercial, senón de distintos episodios que non minguaron un ápice a súa coraxe e o seu ánimo emprendedor.

A concesión deste galardón supón, dalgún xeito, o recoñecemento a todas as mulleres que traballan no sector comercial, un sector moi magoado pola crise derivada da COVID e que agora, máis que nunca, precisa do apoio de institucións e da cidadanía. Lembrar, que malia estar promovido polo Concello da Estrada, é o tecido asociativo estradense e a propia veciñanza os que fan as propostas que todos os anos acadan este merecido recoñecemento que non pretende, outra cousa, que reinvindicar a igualdade de xénero coma un dereito fundamental de cara a construír unha sociedade xusta e próspera.

Hay que indicar que o acto de entrega do premio terá lugar o vindeiro luns ás 17.15 horas no salón de plenos do Concello. Será un acto íntimo por mor das restricións derivadas da situación sanitaria. Por tanto, non estará aberto ao público. s. e.

05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.