Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A hostalería estradense ofrecerá 41 formas de degustar o rico salmón

A ESTRADA. O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, xunto coa presidenta da Asociación de Hostaleiros da Estrada, Adriana Abelleiro, anunciaron este martes as 41 propostas gastronómicas dos locais estradenses coas que contará a XLVIII Festa do Salmón grazas ás xornadas de tapas e á degustación popular. Durante o venres 13 e o sábado 14 de maio, de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas, participarán nas xornadas de tapeo 21 establecementos con cadansúa tapa co salmón como protagonista a 2,50 euros. Na degustación popular, que se celebrará o domingo 15 de maio entre as 12.00 e as 15.00 horas na Praza do Novo Mercado, participarán dez establecementos e cada un deles ofrecerá o salmón cociñado de dúas maneiras diferentes. En ceviche, con guacamole , con algas, con queixo, afumado, en tortilla, en salpicón, como empanadilla o croquetas, como tosta, en taco, en bizcoito ou en ensalada, de moitas formas poderán as personas que eses días visiten A Estrada degustar o rico peixe. Indicar que as bandexas, de dúas racións, terán un custo de 5 euros. Con estas ofertas, os organizadores da Festa do Salmón esperan recibir a miles de persoas nunha fin de semana na que acompañará o bo tempo. S. E.

11 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.