Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A peregrinacion de Valga xa completou a terceira etapa ata Pontevedra

valga. A chuvia foi a convidada da terceira etapa da peregrinación a Santiago organizada polo Concello, que se realizou a fin de semana. A auga acompañou aos camiñantes durante boa parte do traxecto entre Redondela e Pontevedra, máis de dezaoito quilómetros no que quizais sexa o tramo máis duro do percorrido polo Camiño Portugués, que deu comezo en Tui o pasado 9 de abril. A etapa discorreu pegada á ría de Vigo e tamén, en parte, pola antiga vía romana XIX. Subidas duras, coma a da Canicouva, e tamén baixadas pronunciadas puxeron a proba aos peregrinos, que pasaron por lugares coma Cesantes, Arcade ou a histórica ponte de Pontesampaio sobre o río Verdugo. Agora, quedan aínda por diante cinco etapas da peregrinación, organizada polo Concello de Valga con motivo da celebración do Ano Santo 2021-2022. arca

26 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.