Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acusan ó goberno de Cuntis de obstaculizar á información local

Cuntis. O PP de Cuntis denuncia que o alcalde, “de xeito ditatorial e totalmente fóra de lugar”, cambiou desde hai uns meses o procedemento que se viña seguindo nos últimos anos para que os concelleiros puidesen consultar os expedientes e toda a información municipal, que por dereito se lles debe facilitar. Con este cambio, está impoñendo a presencia física dos concelleiros no consistorio, en lugar de dar acceso por medios electrónicos, que era o procedemento fixado nos últimos anos.

Os populares de Cuntis manifestan “estar desconcertados, pero sobre todo preocupados”. Ven esta actuación imposta por Campos “desafortunada, obstaculizante, desacertada e sobre todo neglixente”. Din que é así porque en lugar de empregar a plataforma implantada que conta con toda a documentación dixitalizada, se opta por retroceder “cara métodos de traballo máis arcaicos e de hai 40 anos”. arca

22 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.