Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aprendices forestais acondicionan a Mina Mercedes de Valga

Son alumnos do obradoiro de emprego que realizan obras en distintos espazos do concello

O alumnado do obradoiro de emprego Ulla-Umia IV continúa realizando os traballos prácticos previstos no proxecto. Unha das actuacións máis recentes levouse a cabo na Mina Mercedes, onde os aprendices da especialidade de Forestais realizaron tarefas de acondicionamento. Cabe lembrar que o Concello, co apoio da Xunta de Galicia, ten un proxecto para recuperar o teleférico e as liñas das vagonetas da antiga mina.

Con respecto á intervención, os aprendices executaron traballos de limpeza e mantemento en toda a contorna da lagoa, tanto con medios manuais como mecánicos, mediante rozadoras. Ademais, tamén realizaron podas de saneamento.

Dende o comezo do obradoiro, o módulo de Forestais xa executou diversas obras en espazos públicos de Valga, como o Parque Irmáns Dios Mosquera, o xacemento arqueolóxico Igrexa Vella, a área fluvial de Vilarello e o miradoiro dos Muíños de Vento de Beiro, entre outros.

Estes traballos prácticos compaxínanse con sesións teóricas para acadar unha formación integral dos participantes que lles facilite a súa inserción no mercado laboral, segundo explican os responsables da actividade.

CONVENIO. Cabe lembrar que o Concello de Valga quere recuperar, cara á celebración do vindeiro Xacobeo-21 o teleférico da Mina Mercedes, e para iso conta coa colaboración da Xunta, que a través dun convenio, aporta 30.000 euros para os traballos.

Por outra banda, no acto de presentación explicouse que o mencionado proxecto busca valorizar o patrimonio mineiro e industrial desta zona, sempre respectando a paisaxe natural sobre a que se constitúe a citada mina.

A iniciativa inclúe, ademais da recuperación do teleférico, a reactivación das liñas de vagonetas mineiras e a constitución de dúas novas terminais de acceso en ambos extremos do circuíto, nas áreas de carga e de descarga.

06 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.