Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 27 noviembre 2022
02:17
h

As escolas e metodoloxía do CRA de Valga son un exemplo na comunidade

valga. As escolas rurais do CRA de Valga e o seu método educativo seguen a suscitar o interese da comunidade educativa galega, e así se puxo de manifesto nos Encontros de Educación Infantil e Primaria celebrados na Cidade da Cultura, que contaron coa asistencia de 500 mestres. Nestes encontros, que foron inaugurados polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, exerceu como relatora Antía Piñeiro, secretaria do CRA de Valga e titora da escola de Vilarello. O seu relatorio, Transformando aulas, versou sobre a importancia dos espazos para a implementación de metodoloxías vivas e activas nas aulas. As escolas rurais de Valga e, particularmente, a de Vilarello, son un exemplo de boas prácticas en canto a metodoloxías baseadas en proxectos, ambientes de aprendizaxe, atención á diversidade, ensino personalizado e individualizado e a apertura á contorna e a espazos naturais. Cando Antía Piñeiro asumiu a titoría de Vilarello hai seis anos, a escola estaba en risco de peche por falta de alumnado e pasou de 6 nenos matriculados a 16, coa particularidade de que proceden de dez concellos diferentes “porque os pais e nais atopan na metodoloxía de Valga a mellor opción educativa para os seus cativos e cativas”, destaca a citada mestra. arca

25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.