Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caldas de Reis promociona o comercio e a lingua nunha campaña

‘Eu merco en galego’ desenvólvese en dúas accións: unha artística e outra económica

Caldas de Reis. O Concello de Caldas de Reis presentou a Campaña de Dinamización da Lingua Galega Eu merco en galego, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, que conta coa colaboración da Asociación Caldas Centro Comercial Aberto.

A campaña ten dúas accións complementarias. A primeira, Falo e gaño co galego, desenvolverase entre o dez e o trinta de xuño, e diríxese ao pequeno comercio e empresas de servizos, co obxectivo de concienciar, dinamizar e premiar tanto a consumidores como aos propios comerciantes e empresarios no uso do galego.

Os comercios amosarán nos escaparates o cartel identificativo da campaña e entregarán os boletos Fala e gaña cando se realice unha compra ou servizo superior o importe mínimo marcado polo comercio en base ao tipo de artigo e os prezos que manexe, e que a lingua usada sexa o galego. Nos boletos distribuiranse 22 premios de 75 e de 50 euros, e os gañadores terán que gastar durante xullo o importe en calquera dos locais participantes.

A segunda acción, Sacamos o sombreiro ao galego, será nunha intervención artística na rúa Real ca instalación de 200 liñas con 1.400 sombreiros de varias cores pendurados en transversal, formando unha imaxe espectacular que animará o comercio e ós peregrinos no seu percorrido polo Camiño de Santiago. A instalación quedará exposta todo o verán, dende o 10 de xuño. Complementarase a acción repartindo 200 sombreiros serigrafados. arca

08 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.