Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 03 julio 2022
02:23
h

Caldas desenvolverá a terceira fase do ARI cun orzamento de 706.000 euros

    Caldas de Reis. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, asinou onte en Santiago o convenio para desenvolver a terceira fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana Integral (ARI), para a realización conxunta de obras de rehabilitación en edificios e vivendas, edificación e reurbanización de espazos públicos. O convenio asinouse, xunto con outros 21 concellos, pola ministra de Transportes, Raquel Sánchez, e a conselleira de Medio Ambiente eTerritorio, Ángeles Vázquez. Caldas figura no convenio como ente xestor e promotor da actuación. Nesta terceira fase están programadas a rehabilitación de 50 vivendas, estimándos un custe de 706.245 euros, que inclúen 137.500 € para obras de reurbanización do centro urbano. Transportes aporta o 42,05 % da inversión (297.000 €), a Xunta o 10,87 % (76.745), o Concello o 11,68 % (82.500), e os promotores das rehabilitacións de vivendas aportarán o 35,40 % (250.000). s. e.

    02 dic 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.