Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caldas e Cuntis aspiran a renovar o distintivo de Vilas en Flor de Galicia

O xurado do programa visitou hai uns días a vila // Comproban as accións desenvolvidas para mellorar os espazos verdes

Os concellos pontevedreses de Caldas e Cuntis aspiran a renovar este ano o distintivo de Vilas en Flor Galicia, que lles foi otourgado o ano pasado. O xurado profesional do programa visitou ambas localidades a semana pasada para avaliar as accións desenvolvidas na mellora e potenciación dos espazos verdes, a súa xestión sostible e a concienciación cidadá no coidado do entorno, contribuíndo á mellora da calidade de vida e da imaxe dos municipios.

Según explicaron desde o Concello de Caldas, trátase de destacar as iniciativas de posta en valor da riqueza natural e paisaxística da infrastrutura verde e as súas multifuncionalidades. En Caldas os membros do xurado reuníronse co alcalde Juan Manuel Rey, e despois visitaron diferentes zonas verdes. A vila conta actualmente co distintivo de tres flores que aspira a renovar nesta nova edición na que participan 25 concellos. O certame está organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería.

O alcalde mostrou os numerosos traballos e investimentos desenvolvidos polo Concello destacando o novo Plan Director do Arborado do Xardín Botánico e Carballeira e o encargo da redacción do Plan de Restauración integral do mesmo como xardín histórico deseñado en 1884 e declarado BIC. Tamén os traballos de conservación das árbores senlleiras deste mesmo conxunto co apoio da Consellería de Medio Ambiente e o plan de conservación das palmeiras contra o picudo vermello. Doutro lado, destacou o investimento de máis de medio millón de euros na creación da primeira Vía Verde integramente galega que percorre o municipio e que une Portas, Caldas e Vilagarcía pola antiga vía do tren ao longo de case 10 quilómetros, nun proxecto cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, a Xunta e os tres concellos. Tamén se presentaron os proxectos de conservación e posta en valor da vexetación fluvial nos ríos Umia e Bermaña. Estase tamén a traballar na elaboración de proxectos para a mellora do arborado da praza Martín de Herrera ou a vexetación na fachada do Concello.

14 oct 2020 / 20:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.