Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caldas inicia un mes de actividades polos 25 anos de Cultura Quente

O aniversario do festival inclúe unha mostra con grupos como Los Ramones

Caldas de Reis. O Festival Cultura Quente celebra este ano o 25 aniversario e por elo, o Concello de Caldas de Reis programou un mes de actividades que ábrese este mércores e inclúe unha exposición de camisetas e material de concertos e fotografías de grupos como Los Ramones.

A presentación realizouse este martes no auditorio municipal da man do alcalde, Juan Manuel Rey, e a concelleira de Cultura, María López Buceta. As datas serán do 6 de xullo ao 6 de agosto, un mes de actividades e accións musicais, artísticas, divulgativas e de ocio.

Segundo explicaron, Cultura Quente naceu en 1998 como unha manifestación singular de expresión e compromiso, impulsada polo Concello como un proxecto de desenvolvemento local. No ano 2000 o festival era declarado como Acto emblemático de la Cultura de la Paz pola Unesco. O nome do festival fai referencia tanto ao carácter das augas termais de Caldas como á idea de cultura comprometida, viva e participativa que está sempre presente na súa programación e que converten a Caldas nun punto de encontro cultural.

Indicar que na programación deste ano, e no apartado musical poderase gozar coa cantante local Madalena Gamalho co seu novo disco Invento. Tamén con Samudra Trío, Sheila Patricia que presenta o seu novo traballo A Moura e o 30 de xullo actuará Xosé Manuel Budiño na Carballeira, dentro do programa Musigal da Deputación. arca

06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.