Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caldas insta á Xunta a aprobar canto antes
a parcelaria de Bemil

Caldas de Reis. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, celebrou que a insistencia do Concello dese resultado e que, por fin, a Delegación Territorial de Pontevedra informara favorablemente o proceso de reestruturación parcelaria de Bemil. Ao mesmo tempo, para completar o procedemento, instou á Consellería de Medio Rural á súa aprobación definitiva coa máxima urxencia, despois dun proceso iniciado polo Concello no ano 2017 e que foi apoiado maioritariamente pola veciñanza e polos titulares das explotacións agrarias da zona.

A superficie solicitada polo Concello ten arredor de 50 hectáreas de terras dedicadas a prado, labradío e monte nos lugares de Paradela, Outeiro e Follente. A reestruturación proposta ten a finalidade de ampliar as explotacións existentes, e pretende recuperar e reservar determinadas masas de terras que permitan manter e aumentar a superficie agraria útil para dedicalas a cultivos rendibles. Trátase de establecer explotacións con suficiente base territorial para que sexan viables e facilitar o asentamento progresivo de poboación moza na parroquia.

Rey subliña que “a parcelaria de Bemil é unha reivindicación histórica da veciñanza e confiamos que nesta ocasión a aprobación non se demore máis tempo por parte da Xunta, e se poida iniciar o proceso efectivo de reestruturación, polo que seguiremos insistindo”. s. e.

07 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.