Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Veciñanza, comercio, hostalería e Concello fixeron que a vila termal reluza nestas festas e se converta nun referente en toda Galicia atraendo a atención de numerosos visitantes // Diferentes iniciativas comunitarias e municipais de decoración e ambientación axudan ós establecementos locais TEXTO M. Boo

Caldas loce coma nunca vestindo as rúas e plazas de ambiente navideño

O ambiente festivo que vive Caldas este Nadal está dando moito que falar. A difícil situación sanitaria que estamos a atravesar, lonxe de apagar a ilusión da veciñanza nestas datas tan sinaladas, serviu de acicate para que se redobraran esforzos na ornamentación de rúas e espazos públicos urbanos por iniciativa comunitaria aos que se suma unha ambientación municipal que tamén se viu reforzada. O resultado é un aspecto moito máis festivo e acolledor dalgunhas das principais rúas e espazos do casco histórico e outros lugares como son a rúa Real, a Alhóndiga, o Campo da Torre, a rúa Fornos, San Roque, Souto María López ou a Ferrería.

Tamén se decoraron de xeito especial fontes históricas como a da Burga ou a do Bermaña, a Praza de Abastos e outros espazos simbólicos como a praza das Palmeiras. Pero este afán por ambientar a vila non ven de agora. Todo comezou hai un par de anos cando os residentes da rúa Fornos decidiron de maneira participativa darlle un aspecto máis alegre á rúa por Nadal botando man da orixinalidade para decorala e xerar ambiente festivo. A proposta foi callando entre os veciños e veciñas doutras zonas da vila ata alcanzar neste 2020 a súa mellor versión.

Moito teñen que ver con este expoñencial crecemento do espírito de Nadal que se vive en Caldas de Reis a Asociación da Hostalaría, a Asociación de Amigos de Nadal e o Centro Comercial Aberto de Caldas que, coa colaboración do Concello e a implicación veciñal e dos sectores de proximidade están facendo da ornamentación un orgullo para os caldenses e un eixo de dinamización social e comercial.

Amigos do Nadal e Hostalería puxeron en marcha un ano máis, coa colaboración do Concello, o concurso de decoración de fachadas, fiestras e balcóns co obxecto de ambientar as rúas e incentivar o consumo nos establecementos locais. Polo seu lado, o CCA con apoio municipal e implicación da cidadanía, fomenta a decoración de rúas e comercios con motivos de Nadal para darlles ambiente e favorecer a animación comercial e social nesta época do ano.

O Concello, de xeito paralelo, activou a campaña Eu merco en Caldas, na que se contemplan diferentes accións de reactivación e apoio ao pequeno comercio. Ademais, reforzouse o alumeado de Nadal cun esforzo especial para levar a iluminación a novas rúas, instalouse fío musical e adaptouse a decoración ás características e condicións especiais de cada rúa e praza para favorecer a mellor integración e conseguir o máximo atractivo destes espazos.

Grazas á iniciativa de comerciantes, veciñanza e Concello, Caldas reloce coma nunca nestas festas e convertiuse xa nun referente en toda Galicia atraendo a atención de numerosos visitantes. Esta iniciativa en comunidade favorece a dinamización comercial, convida a desfrutar dos espazos públicos e embelece a vila termal nun momento no que se precisan “alegrías” máis ca nunca.

26 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.