Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caldas pon en marcha un servizo de aluguer de bicicletas de montaña

caldas de reis. O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, inaugurou o novo servizo de aluguer de “bikes” que promove a empresa Verdeciclos, e que está situado en solo municipal xunto á Oficina de Turismo na Tafona. Trátase dunha concesión de solo público que foi outorgada á proposta promovida por Cristina Trigo e Carlos Sesto, que xa iniciaron a prestación deste servizo de aluguer por horas de bicicletas de montaña, fabricadas en España co sistema de asistencia Pedalec. A nova oferta de mobilidade ecolóxica está dirixida a peregrinos, visitantes, turistas e á propia veciñanza que poderá gozar deste xeito da contorna natural e rural. Recomendan tres rutas de entre 9 e 20 kilómetros: a Vía Verde, accesible dende a Tafona xunto ao río Umia, a ruta das fervenzas que une a de Segade e Barosa, e o Camiño Portugués ata Padrón. s. e.

07 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.