Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caldas recibe 330.000 euros para o proxecto de saneamento en Tivo

Ampliarán a rede dos lugares e conectarana á estación depuradora das Corticeiras

Caldas de Reis. O concelleiro de Medio Ambiente e Obras, Manuel González, tamén deputado provincial, informou de que a Deputación de Pontevedra vén de aprobar o investimento de 330.000 euros ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos proxecto de saneamento de augas residuais nos núcleos de Tivo, Os Barreiros e Castaños, pertencentes á parroquia de Santa María.

A actuación consiste na ampliación da rede de saneamento existente nestes lugares e na súa conexión coa estación depuradora das Corticeiras. Unha vez aprobado o investimento por parte da administración provincial, o Concello iniciará o procedemento administrativo de licitación co obxecto de que as obras poidan ser adxudicadas e iniciadas o antes posible.

Esta actuación é moi necesaria para mellorar as condicións do actual sistema de depuración baseado nun mecanismo que utiliza un decantador-dixestor. Para obter unha óptima depuración mudarase este sistema e optarase por evacuar as augas residuais impulsándoas por gravidade ata a depuradora principal do municipio situada na zona das Corticeiras. A nova rede de condución deseñouse de tal xeito que discorrerá por viais de uso público e non afectará a ningunha propiedade particular.

González destacou que “o Concello iniciará nos vindeiros meses obras e proxectos de saneamento de augas residuais cun investimento de máis de 1.200.000 euros grazas ao apoio económico da Deputación”. Entre estas están as obras de saneamento no lugar de Paraimas (Saiar) por importe de 195.826 €; a primeira fase do saneamento en Paradela (Bemil) por 288.507 €, así como o proxecto de mellora da rede de saneamento e de pluviais na Rúa Real cun coste de 319.400 euros. M. Rendueles

25 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.