Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caldas recuperará a Fervenza de Segade co novo obradoiro

O Concello de Caldas de Reis abre o proceso de inscrición para a selección dos alumnos-traballadores que participarán no obradoiro de emprego Os camiños do camiño. Trátase dun plan impulsado polo Concello a través dunha subvención de 260.209 euros concedida pola Consellería de Economía e Emprego e que permitirá ao concello pontevedrés recuperar a contorna da antigua fábrica da luz da Fervenza de Segade.

O obradoiro contempla a formación dual nas especialidades de auxiliar en conservación e aproveitamento forestal. O seu inicio terá lugar a finais de decembro dirixido a 15 persoas que, como requisito indispensable, deberán estar inscritos como demandantes de emprego na Oficina de Emprego de Caldas de Reis. Porén, o Concello informa que todas as persoas interesadas deben acudir coa maior brevidade posible ás oficinas de emprego para realizar a inscrición e poder participar no proceso de selección. Os seleccionados serán contratados para a formación e aprendizaxe a xornada completa durante 9 meses. Ao finalizar cada módulo farase entrega dun certificado profesional acreditativo.

As obras a levar a cabo por parte do alumnado na formación práctica irán dirixidas á recuperación paisaxística dos carreiros da antiga central hidroeléctrica e da contorna da Fervenza de Segade, co obxectivo de que poidan incorporarse de forma segura e adecuada ao esquema de roteiros e espazos verdes do municipio, así como evidenciar a súa importancia como lugar de interese patrimonial e paisaxístico na contorna, xogando un papel fundamental á hora de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e atraer turismo de calidade.

O obradoiro de emprego terá, deste modo, unha dobre utilidade, pois permitirá seguir avanzando na formación e creación de emprego ao tempo que desenvolverá o proxecto do goberno municipal para mellorar e poñer en valor a contorna da coñecdia fábrica da luz.

29 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.