Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caldas retoma o programa de actividades para maiores

Caldas de Reis. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Inés Fuentes, informou do programa dirixido ás persoas maiores caldenses que retoma moitas das actividades que se realizaban antes da pandemia e organiza outras de nova incorporación.

Dende o mes de maio se desenvolven actividades de ximnasia de mantemento no Centro Comarcal e de Natación Terapéutica na piscina municipal. No Fogar de Maior desenvólvense obradoiros de memoria dixital, alfabetización dixital e pintura e estampación en tea que continuarán ata o mes de xullo. Tamén foron programados roteiros de sendeirismo, viaxes e actividades culturais.

Por outra banda, recuperouse o programa de Viaxes Culturais, con excursións realizadas por 40 persoas a Santiago de Compostela en maio e por 100 persoas a Oporto o pasado 16 de xuño. Para o vindeiro 22 de xullo está programada unha viaxe cultural á Mariña Lucense con 106 prazas dispoñibles. As persoas interesadas deben realizar as inscricións no Fogar do Maior os días 4 e 5 de xullo, de 9.00 a 13.00 horas.

Finalmente, en canto ao programa Domingos Culturais, aínda queda unha última xornada, a do vindeiro domingo 26 de xuño ás 19.00 horas no auditorio municipal, coa posta en escena da obra As Alumnas, unha representación teatral dirixida por Fina Calleja con texto de Paula Carballeira, que correrá a cargo de Anabell Gago e Mónica Camaño. arca

23 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.