Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caritas pide aos estradenses que doen alimentos durante o día de Santa Rita

A Estrada. Cáritas A Estrada fixo público un comunicado no que explica aos estradenses que os alimentos recadados na campaña de Nadal están case esgotados, “polo que as necesidades que hai que atender, lamentablemente, non experimentan un descenso significativo”.

Por elo, Cáritas quere aproveitar que o domingo día 22 se celebra a festividade de Santa Rita para invitar a todos os seus devotos “a honrar a unha santa tan popular correspondendo ao obsequio das rosas benditas que se distribúen tradicionalmente gracias á xenerosidade dunha floristería da Estrada coa aportación voluntaria dalgún alimento non perecedoiro”.

A entidade explica que á entrada da igrexa parroquial estarán dispostas unhas caixas debidamente identificadas nas que poderán ser depositadas as donacións “en lembranza e sinal de gratitude dos moitos milagres que Santa Rita de Casia ten concedido a tantas persoas”. arca

19 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.