Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catoira suspende o Entroido e pide responsabilidade ante a pandemia

Nun bando o alcalde dí que a suba de positivos os vai situar no nivel máximo de restricións

Catoira. O alcalde de Catoira, Alberto García, fixo público un bando no que informa a poboación da evolución dos contaxios derivados da COVID-19, que o igual que no resto de Galicia “está sendo negativa ao longo destes últimos días, alcanzando unha incidencia acumulada de casos superior a 250, por cada 100.000 habitantes, o que vai a elevar ao noso municipio ao nivel de restricións máximo”. Un nivel no que Sanidade establece medidas de prevención específicas.

Neste senso fai un chamamento “ para poder superar este escenario, e regresar á normalidade canto antes, é necesario pedir a toda a veciñanza un maior grao de responsabilidade individual e colectiva, polo que lles solicitamos que cumpran coas medidas establecidas por parte da Xunta de Galicia”.

Lembra no bando que o Concello está en contacto permanente con todas as administracións, en concreto, coa autoridade sanitaria a través da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e o Salnés, “para analizar a evolución da incidencia que presenta a enfermidade dentro do noso termo municipal e estudar se é necesario adoptar medidas ao respecto”. Unha delas xa acordada, foi a suspensión das actividades programadas polo Entroido.

Finalmente informa que calquera veciño/a que se atope afectado pola enfermidade, pode poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais, para recibir axuda o antes posible. arca

20 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.