Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Certifican a calidade de dous parques infantís de Caldas

Xunta e UNE avalan a seguridade destas áreas de xogo sitas en Padres Pasionistas e aTafona

O Concello de Caldas vén de recibir a certificación conforme se acredita que os parques infantís de Padres Pasionistas e da Tafona cumpren coas normas de seguridade que establecen as diferentes normativas de referencia sobre estas instalacións entre as que se atopan as Normas de seguridade en parques infantís da Xunta de Galicia e as normas UNE de equipamentos de áreas de xogo e superficies e de revestimento de superficies de áreas de xogo.

Trátase das dúas primeiras áreas de xogo que obteñen este certificado pero o Concello, no marco do plan municipal de desenvolvemento dos parques infantís, xa iniciou o procedemento para obter a certificación doutras oito.Como sinalou o concelleiro, Manuel González, con esta iniciativa “pretendemos dar máxima seguridade aos parques infantís e ter a garantía, baixo certificado técnico, de que se adaptan á norma”. “Isto”, indicou, “tamén lles aportará aos pais e nais maior confianza ao saberen que as crianzas desfrutan dunhas instalacións seguras”. O Concello aproveitou, precisamente, que as zonas de xogo infantil permanecen clausuradas por mor da COVID para iniciar o procedemento de avaliación e certificación.

As empresas encargadas da inspección fan un informe do estado. No caso do parque da Tafona o Concello tivo que corrixir pequenas deficiencias no xogo de tobogán e tamén se retiraron pequenas pezas non esenciais dalgúns xogos para evitar riscos potenciais. No parque de Pasionistas creouse un acceso adaptado a menores con mobilidade reducida e adaptouse unha randeeira que non cumpría coa distancia necesaria entre o asento e o cerre perimetral do recinto.

Indicar que durante estes meses continúan traballando coa empresa na realización de inspeccións para comprobar a situación dos diferentes parques do municipio co obxecto de acabar actuando en todos eles e garantir a súa calidade.

15 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.