Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cesa o campamento estradense O Recreo Cultural pola COVID

A actividade finaliza ata novo aviso por un caso positivo detectado
nun dos traballadores

A Estrada. A xunta directiva de O Recreo Cultural de A Estrada vén de porse en contacto cos pais e nais que teñen fillos e fillas no campamento para avisarlles oficialmente de que unha das persoas que traballa na actividade deu positivo nunha proba de detección do SARS- CoV-2.

“Dende a dirección do Recreo Cultural, en calidade de entidade sen ánimo de lucro que facilita esta actividade de conciliación da vida laboral e familiar, deuse traslado inmediato ás autoridades sanitarias para que resolvan cal debe de ser o procedemento a seguir”, alertan.

Queren envíar unha mensaxe de tranquilidade “dado que no desenvolvemento das actividades do campamento se segue de xeito rigoroso o protocolo de protección ante a COVID, con grupos reducidos, a meirande parte da programación lúdico- educativa ao aire libre, uso de máscara e hixiene de mans”, aseguran.

A autoridade sanitaria ten xa no seu poder “a listaxe de tódolos pequenos que se consideran contactos directos e, no caso de que sexa o caso da vosa/o filla/o, contactarán con vós, seguindo o protocolo e normativa vixentes”, avisan ás familias.

Por precaución van interromper, ata novo aviso, todas as actividades do campamento. Nas próximas horas citarase a todo o grupo en contacto. c.e.

15 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.