Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Conceden un novo obradoiro de emprego para Valga e Moraña

Valga. A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello de Valga a concesión dunha nova subvención para a posta en marcha doutro obradoiro de emprego conxunto co de Moraña. Trátase da quinta edición do proxecto Ulla-Umia, na que participarán un total de vinte persoas desempregadas destes dous municipios, segundo informan ao respecto fontes do concello valgués.

A aportación aprobada pola Administración autonómica ascende a 346.946 euros. A acción formativa dará comezo a finais do vindeiro mes de decembro e terá unha duración de nove meses. A sede quedará establecida en Valga. Os aprendices seleccionados formaranse nas especialidades de carpintería e traballos forestais. Os participantes recibirán formación teórica e realizarán prácticas consistentes en obras de interese público co obxectivo de acadar un certificado de profesionalidade que favoreza a súa inserción no mercado laboral.

Por outra banda, cabe indicar que, no caso do municipio de Valga, as obras que está previsto executar no marco deste obradoiro de capacitación son as seguintes: dotación de mobiliario urbano, como papeleiras e puntos de información, reparación e instalación de varandas e outros traballos con madeira no módulo de carpintería; e, na especialidade de forestais, traballos de mellora en áreas como o Camiño Portugués, o miradoiro de Beiro e outros espazos verdes municipais.

ALBAÑILERÍA E FORESTAIS. Hai que lembrar que a pasada semana deu comezo outro obradoiro de emprego aprobado e subvencionado pola Xunta, destinado neste caso a mozos de ata 30 anos de idade. Este proxecto tamén é conxunto co concello de Moraña e conta coa participación de dezaseis persoas, das que oito son veciños de Valga.

As especialidades que se imparten son as de albañilería e forestais, con sesións teóricas e prácticas, estas últimas consistentes en obras de carácter público. O orzamento desta acción ascende a 430.000 euros e a duración será dun ano, segundo indican as mesmas fontes. arca

25 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.