Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Concerto de Os Secretos que será á antesala da Festa do Lacón de Cuntis

CUNTIS. O Concello de Cuntis presentou este venres o Concerto de Los Secretos como antesala da XXV Festa do Lacón con Grelos. O grupo de rock actuará na rúa Pedro Campos o vindeiro 25 de febreiro, e o concerto terá unha parte solidaria compartindo a recadación coa Asociación Española Contra o Cancro, con Anedia Galicia e con Agadea Alzheimer. As entradas van ter un prezo de 10 euros e sairán á venta a través da plataforma woutick! A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, declarada de Interese Turístico de Galicia, e todo un referente culinario que atrae a un gran número de visitantes e que se celebra desde 1997. A cita gastronómica, coa popular degustación, ten lugar na praza da Constitución o domingo seguinte ó de Entroido, e complementase cunha serie de actividades culturais como exposicións, música e bailes tradicionais. arca

15 ene 2023 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.