Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cruces xa ten nova comisión para a Festa da Piedade

López trasladou o apoio do Concello ao evento e aos membros da asociación

Vila de Cruces. O tenente de alcalde e responsable de festexos de Vila de Cruces, Julio López, recibiu no consistorio á nova Asociación de Festas da Piedade 2022. A delegacion formabana o presidente César Mouriño, e Desi Montoto e Marcos López. López quixo agradecer a esta nova comisión no seu nome e no de todos os cruceños e cruceñas, o gran esforzo que teñen que realizar “para poder levar a cabo esta festa”, tras dos anos de parón pola pandemia da covid-19.

O concelleiro confirmou á nova Asociación de Festas Piedade 2022 que contan con todo o apoio do Concello, “máis se cabe nestes momentos que temos que practicamente empezar de cero tras unha pandemia que nos abateu durante dous anos”.

Neste senso López agradeceu os membros da asocaición que mantiveran o seu compromiso de tomar as rendas “para que todos os cruceños e cruceñas poidan novamente gozar da Festa da Piedade 2022, conseguindo deste xeito a continuidade coas tradicións”.

Un agradecemento que fixo, tamén, en nome do alcalde, Luís Taboada, e o do resto do equipo de goberno, que “esperan e desexan que todos poidan gozar destas Festas da Piedade 2022 ” que terán lugar os días 6, 7 e 8 do mes de agosto”. arca

01 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.