Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cuntis esixe recuperar o servizo de pediatría

Cuntis. O alcalde, Manuel Campos, mantivo onte unha reunión co xerente da área sanitaria Pontevedra-O Salnés, Xosé Ramón Gómez, para tratar a situación de falta de pediatra no centro de saúde de Cuntis desde hai dúas semanas despois de que a facultativa que actualmente prestaba servizo con praza na Vila Termal fose trasladada no último concurso aberto de traslados realizado polo Servizo Galego de Saúde.

“Estamos ante un servizo fundamental para os nosos veciños e veciñas”, dixo Campos, que solicitoulle no transcurso do encontro ao responsable da área sanitaria que se dese “absoluta prioridade” á reposición deste servizo médico no que o Sergas xa está traballando. María Rendueles

15 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.