Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Curso na aula Cemit de Valga dirixido a crear o teu recetario familiar

A Caravana Morada chegará o día 27 ao C oncello para informar sobre igualdade

Valga. A aula Cemit de Valga acollerá a finais de outubro a actividade Crea o teu Recetario Familiar, un curso presencial que se impartirá os días 22, 23 29 e 30 deste mes en sesións con horario de 10.00 a 11.30 horas.

Entre os contidos do curso atópanse: aplicacións móbiles útiles para a cociña, aproveita Internet para ampliar o teu recetario e ferramentas de edición para crear receitas

Según explican no Facebook do Concello, as prazas dispoñibles son seis e as inscricións poden realizarse a través da ligazón https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/34672 ou chamando por teléfono ao auditorio municipal (986 55 67 69).

CARAVANA Por outra banda, a Caravana Morada, unha iniciativa do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Salnés-Ulla Umia, estará en Valga o próximo 27 de outubro para sensibilizar en materia de igualdade e contribuír á loita contra as violencias machistas.

Indicar que a caranava estará emprazada no aparcadoiro do centro de saúde e poderá visitarse entre as 9.00 e as 14.00 horas. Con ela viaxan especialistas en psicoloxía e técnicos en criminoloxía e igualdade que asesorarán a todas as persoas que se acheguen e queiran informarse sobre temas relacionados coa igualdade. arca

14 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.