Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cursos de formación para parados no Losada

A ESTRADA. O IES Antón Losada Diéguez impartirá entre os meses de marzo e xullo dous cursos de formación para o emprego (AFD) destinados preferentemente a persoas desempregadas. Un será de traballos de carpintería e moble, que impartirase durante 378 horas, do 22 de marzo ao 9 de xullo. Este curso inclúe un módulo Básico de prevención de riscos laborais que terá unha duración de sesenta horas. O outro é de operacións auxiliares de mantemento na electromecánica de vehículos, que conta cun total de 328 horas e que se celebrará do 6 de marzo ao 8 de xullo. As persoas que completen satisfactoriamente estes cursos obterán un certificado de profesionalidade, que lle permite a súa inserción no mundo laboral nos sectores sobre os que tratan os cursos. Ademais, o alumnado disporá de bolsas e axudas reguladas pola correspondente convocatoria. As persoas interesadas deben dirixirse á oficina de emprego da Estrada. Arca

02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.