Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Doce traballos optan a levarse unha das modalidades do Ferro Couselo

O Concello de Valga organiza este premio de investigación desde hai once anos

Valga. Un total de doce traballos optan a gañar a XXI edición do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo nas súas dúas modalidades. O prazo para presentar os traballos ao certame, que convoca o Concello de Valga, rematou o 31 de outubro, despois de que decidisen amplialo tendo en conta a situación sanitaria.

Son oito as investigacións que optan a gañar a primeira modalidade, dotada con 4.000 euros e referida a traballos de investigación de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía, historia e historia da arte. As obras, presentadas baixo pseudónimo, deben estar escritas en galego e ser inéditas, cunha extensión dun mínimo de 50 folios e un máximo de 300.

Á segunda, pola que se convoca unha bolsa de estudos para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio de Valga, concorreron outros catro traballos. A bolsa está dotada con 3.000 euros. O 25 % desta cantidade entregarase unha vez fallado o premio e o 75 % restante ao remate do proxecto. s. e.

22 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.