Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Emprendedoras locais centran a campaña do Día da Muller en Caldas

caldas. O alcalde e o equipo de goberno de Caldas de Reis presentaron onte no salón de plenos a campaña municipal Mulleres da vila con motivo do Día Internacional da Muller o vindeiro 8-M, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do seu programa pola igualdade e contra a violencia de xénero. No acto participaron as 17 mulleres emprendedoras que protagonizan as fotografías que estarán expostas nos escaparates dos seus respectivos comercios durante todo o mes de marzo, e tamén o audiovisual que será compartido nas redes sociais do Concello. Trátase dunha representación dun colectivo moito máis amplo de mulleres que contribúe cada día a facer de Caldas unha vila con máis servizos, máis amable e máis acolledora. A campaña foi deseñada e elaborada pola fotógrafa e artista multidisciplinar Patricia Maquieira, que contou coa colaboración de Lucía Lourido na realización do vídeo. As protagonistas son 17 mulleres emprendedoras que rexentan diversos establecementos de comercio, servizos ou de hostalería, que amosan a través das fotografías e do vídeo estrenado as súas experiencias, os seus soños, os seus retos e moitas reflexións persoais sobre o papel das mulleres na sociedade de Caldas. s. e.

06 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.