Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Escolares estradenses gravan noticieiros en defensa do uso do galego

a estrada. A concelleira de Educación da Estrada, Amalia Goldar, presentou a primeira edición de Dinamiza TV, un proxecto impulsado polo Concello en colaboración con todos os centros educativos do municipio para promover o uso do galego no eido audiovisual. Goldar agradeceu a implicación do alumnado e do profesorado con esta iniciativa, que deu comezo no mes de xaneiro e que consistiu na gravación de dez noticieiros en galego sobre diferentes contidos por parte dos escolares de todos os centros estradenses co obxectivo de “incentivar a práctica da lingua oral e escrita entre a mocidade, ademais de promover o uso das novas tecnoloxías”, sinala a concelleira. Agora, unha vez rematada a montaxe dos vídeos, tarefa da que se encargou o estradense Lucas Terceiro, están sendo publicados na canle de YouTube do Concello da Estrada. arca

21 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.