Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fin das obras no vial que une Portela e Souto de Vea

Cuntis. A Deputación de Pontevedra ven de rematar en Cuntis as obras na EP-8402 entre Portela e Souto de Vea, unha actuación que soluciona unha demanda histórica da veciñanza e do Concello para desenvolver un proxecto que garantirá a seguridade viaria nesta estrada de alta densidade de circulación. A actuación, na que se investiu preto de 80.000 €, permitiu executar uns 2.400 metros de cunetas de seguridade revestidas de formigón.

A través dos traballos substituíronse as cunetas de terra por outras tendidas revestidas de formigón de entre un e 1,5 metros de anchura. As novas percorren ámbalas dúas beiras da estrada, que conta con preto de 6,8 km de lonxitude, ao longo dos seus 2 primeiros quilómetros. arca

16 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.