Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Freixanes e Maragoto debateron en Valga sobre o futuro da lingua galega na lusofonía

Uns cincuenta estudantes de Bacharelato acudiron á actividade, que se celebrou no propio instituto da vila

Valga. Preto de cincuenta estudantes de 1º e 2º de Bacharelato do IES de Valga asistiron este venres a un debate entre o presidente da Associaçom Galega da Lingua (AGAL), Eduardo Maragoto, e o da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, onde se trocaron impresións sobre o futuro do galego na lusofonía.

Na presentación, o responsable do equipo de dinamización da lingua galega, Raúl Gómez Pato, que se referiu á AGAL e á RAG como “dúas das institucións lingüísticas máis importantes do país”, solicitou que estas fosen presentadas polos popios conferenciantes, despois de destacar algunhas contribucións dos mesmos, como o romance O triángulo inscrito na circunferencia, de Víctor Freixanes, e o manual Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, de Eduardo Maragoto.

Despois dunha breve panorámica sobre a historia destes organismos o os momentos históricos que os propiciaron, Víctor Freixanes e Eduardo Maragoto deron a súa visión sobre o concepto de lusofonía. O escritor pontevedrés mostrouse partidario de ter en conta a lusofonía, pero queixouse da pouca atención que recibe Galicia nese mundo.

Entre tanto, Eduardo Maragoto sobrevoou, na súa intervención, pola historia da lingua portuguesa e da propia lusofonía, para acabar reivindicando a pertenza de Galicia a ese espazo, pois “sen a Galiza, a lusofonía perdería sentido, porque perde toda a súa abranxencia histórica e limítase a ser o mundo colonial portugués, unha etiqueta que nin sempre é do gusto dos outros países”.

Por outra banda, os dous presidentes falaron sobre a unidade da lingua. Para Freixanes, a solución non pasa nin por integrarse no castelán nin no portugués, pero Maragoto opinou que a converxencia co portugués era a mellor forma de protexer o léxico galego, e ata leu un texto escrito en portugués para demostrar que a mesma ortografía servía para representar diferentes formas de falar a mesma lingua. c.v.

10 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.