Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Hipólito Cerqueiras recibe os parabéns do rexedor valgués polos 101 anos

valga. O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, felicitou a Hipólito Cerqueiras Pardal no día do seu 101 aniversario. O rexedor, acompañado polas concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna, visitou ao centenario no seu domicilio de Moldes (Cordeiro) para transmitirlle os parabéns en nome de todos os veciños. Agasallárono cun ramo de flores e unha torta e doces cos que festexar unha data tan especial cos seus achegados. O centenario recibiu moi emocionado aos representantes municipais, cos que conversou moi animadamente antes de apagar as candeas co número 101 e brindar con todos os presentes: tanto os edís como parte da súa familia, formada por cinco fillos –tivo un sexto que faleceu de mozo–, dezaseis netos, máis de vinte bisnetos e catro tataranetos. Cerqueiras é o home máis lonxevo de Valga. arca

07 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.