Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxean a María Tarrío, que se une ó club de centenarios de Valga

valga. María Tarrío Campaña, veciña de Moldes (Cordeiro), únese ao club dos centenarios de Valga. A valguesa vén de celebrar o seu 100 aniversario e con este motivo recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que a felicitaron nesa xornada tan especial tanto para ela como para a súa familia. Agasallárona cunha placa conmemorativa, coa lenda “O Concello de Valga a María Tarrío Campaña no día en que cumpre os 100 anos”, e tamén cun ramo de flores e unha torta na que apagou as candeas co número 100. María Tarrío naceu no seo dunha familia humilde de Moldes, sendo a mediana de sete irmáns. Como a maioría de mulleres daquela época, dedicou a súa vida a coser polas casas, ao coidado do fogar e ás tarefas do campo. Ademais, quedáballe tempo para participar en seráns, ruadas e xuntanzas que antano eran habituais nas aldeas e nas que non podían faltar as gaitas e coplas. María era pandereteira e co paso dos anos foi transmitindo boa parte do seu saber a recolledores de cantares e estudosos da pandeireta. Foi integrante do grupo de Pandereteiras de Moldes e asidua participante dos Encontros Interxeracionais que adoitaba organizar o Concello. arca

22 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.