Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 05 diciembre 2021
02:00
h

Inician a mellora da área empresarial de Campaña

Valga. A empresa Construcións, Obras e Viais S.A. deu comezo hai uns días ás obras de mellora de infraestruturas viarias na área empresarial de Campaña, no concello de Valga, que inclúen a construción de novos tramos de beirarrúas, a creación de prazas de aparcamentos e a dotación de servizos.

Os traballos son cofinanciados entre o Concello e a Consellería de Economía, que aprobou unha subvención ao abeiro dunha orde para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais. O investimento será de 119.950,12 euros.

As actuacións que se realizan inclúen a ampliación e humanización do vial que dá acceso ao núcleo do Carballiño dende a estrada PO-548. Tamén ensancharase a plataforma para permitir a dotación de novas beirarrúas pola marxe máis próxima á Mina Porto Piñeiro. arca

04 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.