Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Instan ao goberno local a botar sal nas vías principais da Estrada

O BNG di que xa advertiu no pleno da situación e que seguen sen facer nada

A Estrada. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de A Estrada insta ao goberno local a botar sal nas principais vías e rúas do municipio ante as xeadas que están a caer estes días e que supón un perigo para coches e viandantes.

“As intensas xeadas que están caendo estes días no noso concello están deixando unha estampa fermosa, mais tamén perigosa na maioría das vías de titularidade municipal, así como nas rúas e beirarrúas da vila”, explican os nacionalistas nunha nota.

A concelleira do BNG, Susana Camba, sinalou que “o pasado xoves no pleno chamamos á atención do goberno municipal sobre esta situación e vemos que nada se fixo”. Segundo Camba “a maioría das vías de titularidade municipal están intransitábles a primeira hora da mañá, cousa que se solucionaba cun pouco de sal, unha situación que se estende a algunha das rúas e beirarrúas do casco urbano”.

“Cremos que o goberno municipal do PP ten que actuar, pois as xeadas e baixas temperaturas seguirán nos vindeiros días”, afirma a concelleira do BNG, “por iso reiteramos que o alcalde é responsáble do mantemento das vías de titularidade municipal e instamos ao goberno a botar sal nas vías, rúas e beirarrúas para evitar accidentes aos veciños e veciñas da Estrada”. m. rendueles

10 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.