Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Investigan os castros de Silleda, Lalín e Cuntis

DEZA-CALDAS. A Deputación de Pontevedra lanza un novo programa destinado a intervencións arqueolóxicas con alto interese, ao abeiro do convenio co Incipit-CSIC, que se levará a cabo en oito castros que serán seleccionados con criterios técnicos entre as solicitudes que fagan os concellos da provincia. Dentro do anterior convenio asinado co INCIPIT, centro de referencia nacional no eido da arqueoloxía, xa se realizaran prospeccións en Castro Landín (Cuntis), Castro Montaz (Silleda) e Castriño de Bendoiro (Lalín) co fin de investigar posibles vestixios fóra das croas destes xacementos. Neles atopáronse resultados de alto interese como datos de asentamento humano en Castro Landín tres veces superiores ao investigado a día de hoxe.

Nos vindeiros días publicaranse ás bases cos requisitos que deberán cumprir os concellos para presentar as solicitudes destinadas á selección dos xacementos arqueolóxicos nos que se realizarán intervencións coas que se busca a posta en valor do patrimonio arqueolóxico ata 2024. Así, cun orzamento de preto de 50.000 euros, realizaranse principalmente traballos de campo para identificar, documentar e caracterizar as formas de alcance da actividade humana no pasado nos xacementos.

Unha vez aprobadas as bases abrirase o prazo para que as entidades locais titulares dos xacementos presenten as solicitudes na sede electrónica da Deputación (https://sed.depo.gal). Os xacementos seleccionaranse mediante concorrencia competitiva, para o que se terán en conta criterios como o interese científico do sitio, a súa inclusión no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, o grao de interese social da intervención, a realización previa de actividades de divulgación e dinamización por parte da entidade solicitante ou a existencia de sinalización e condicións adecuadas do entorno que permitan o acceso ao público. Nas intervencións priorizarase o uso de metodoloxías de mínima invasión e levaranse a cabo en proxectos liderados por concellos nos que haxa accións previas de investigación. C.E.

15 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.