Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Investimento millonario no rural de Caldas para asegurar o saneamento

CALDAS. O concelleiro de Obras e Infraestruturas de Caldas, Manuel González, informou do avance do Programa Municipal de Saneamentos en Caldas de Reis, que proxecta investir de forma moi significativa na extensión deste servizo en todas as parroquias e nos máis de 60 lugares do municipio.

O Concello iniciará nos vindeiros meses obras e proxectos de saneamento de augas residuais cun investimento de máis de 1.200.000 euros. A xunta de goberno local aprobou a inclusión no Plan Concellos da Deputación das obras de saneamento en Tivo, Pazo e Castaños (Santa María) que conectarán coa estación depuradora das Corticeiras e que teñen un orzamento de 372.934 euros; tamén as do lugar de Paraimas (Saiar) por 195.826 €, e o expediente de contratación da primeira fase das obras en Paradela (Bemil) por 288.507 €. O Concello tamén ten previsto executar este no as obras de mellora da rede de saneamento e de pluviais na Rúa Real de Caldas por 319.400 €, obras financiadas con cargo ó Plan Concellos e tamén á Área de Rehabilitación Integrada.

Ademais, xa ten redactados e pendentes das autorizacións sectoriais os proxectos para Igrexa e Soutelo de Abaixo (Saiar); de Reguengo (Godos), e tamén o Camiño Real, xa en Santa María. s. e.

28 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.