Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘La Mujer y la Mar’: unha obra a favor da igualdade que chegou a Catoira

CATOIRA. O auditorio municipal do Concello de Catoira vén de acoller a presentación do libro La Mujer y la Mar, o resultado dun fermoso proxecto no que se fusionan a fotografía, a paixón polo mar e a promoción da igualdade a través da visibilización das mulleres vinculadas a el dalgún xeito. Laura Prego e Raimon Moreno son os autores desta publicación e das fotografías que durante unha década tomaron en diferentes lugares da costa, entre eles a Romaría Vikinga de Catoira. Ambos autores encargáronse na súa obra de facer un repaso a través das 16 historias e dos moitos momentos que compartiron con estas mulleres, boa parte delas galegas. Historias de dedicación, paixón e entrega desde moi diferentes perspectivas. Ademais, proxectáronse dous vídeos, un que resume o contido do libro, e outro editado especificamente con impactantes instantáneas da Romaría Vikinga. O alcalde, Alberto García, foi agasallado cun exemplar da publicación. Raimon e Laura son os fundadores da sociedade artística Mar de Abahi, desde a que fan proxectos fotográficos relacionados principalmente co mar. Segundo describen na súa web, buscan dar a coñecer a beleza destas mulleres “para que os enamoréis de su alma, un alma azul marino”. C.G.

13 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.