Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Licitan as obras do vial Portela a Souto de Vea, en Cuntis

Deputados provinciais supervisaron a estrada e a reforma integral feita na Casa do Concello

A Deputación abriu o proceso de licitación da mellora da seguridade viaria da estrada provincial EP-8401 entre Portela e Souto de Vea ao seu paso por Cuntis. As empresas teñen ata o día 26 para presentar ofertas para unha obra valorada inicialmente en 109.720 euros e que porá solución a unha “demanda histórica” tanto do Concello como da veciñanza. Os deputados Manuel González e Ana Laura Iglesias, visitaron a zona, xunto co alcalde, Manuel Campos, e aproveitaron tamén para comprobar o resultado da reforma integral da Casa do Concello, acometida con fondos do Plan Concellos.

As obras do vial estarán adxudicadas entre finais de febreiro e principios de outubro e a actuación contará cun prazo de execución de 4 meses. Consistirán na construción de cunetas tendidas de entre 1 e 1,5 metros de anchura en ambas beiras ao longo dos 2 primeiros qm. desta estrada, cunha lonxitude total de 6.778 metros. Este tramo, aínda que non ten presión residencial e transcorre por terreos forestais, presenta curvas pechadas, escasa visibilidade e unha sección de 6,5 metros, que agora, coas novas cunetas, pasará a entre 8 e 9,5 metros. Ademais, instalarán tubaxes para a canalización de pluviais. As cunetas substituirán as actuais, realizadas en terra con forma de uve e que supoñen un perigo en caso de saída de vía.

Por outra banda, durante a visita comprobouse o resultado da reforma integral da Casa do Concello, cun coste de 50.000 euros. A actuación consistiu na instalación dun revestimento cerámico na fachada que posibilitou o illamento térmico, ademais de acabar coas humidades existentes. Ademais, practicáronse dúas fiestras que, en palabras do alcalde, “abren o Concello á cidadanía” e mellorouse a habitabilidade interior. Campos anunciou que o Concello continuará co acondicionamento da praza exterior e a mellora da sede dos Servizos Sociais, tamén cos fondos provinciais.

Campos agradeceu a licitación da vía de Portela a Souto de Vea “unha obra importante para un concello atravesado pola N-6450, é dicir por un eixe de comunicación que é alternativo á AP-9” e reivindicou a necesidade de que a Xunta remate a autovía Santiago-A Estrada, que acumula un atraso histórico para solucionar os problemas de comunicacións na comarca.

16 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.