Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Limpan de maleza os treitos interurbanos de diversos ríos de Valga

VALGA. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar labores de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Valga, Louro e Regueiro, no concello de Valga. As actuacións estanse a desenvolver nos ríos Valga, ao seu paso polas parroquias de Xanzá e Valga; Louro, en Cordeiro; e Regueiro, en Campaña. As tarefas lévanse a cabo ao longo de treitos que suman un total de 3,5 quilómetros. En concreto, os traballos céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas as actuacións, o río quedará despexado de maleza, polo que a auga circulará de forma fluída. A Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa. A.P.

04 abr 2021 / 18:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.