Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 20 octubre 2020
01:23
h

Luna gaña o Avelina Valladares ca obra ‘O tempo entre as mans’

O xurado valorou a coherencia e o emprego dun léxico rico, variado e ben escollido do autor

O poemario O tempo entre as mans, do escritor estradense Xosé Luna Sanmartín, foi elexido onte o gañador da do XXIV Premio de Poesía Avelina Valladares. Os membros do xurado, reunidos no concello da Estrada, fallaron onte o galardón destacando, entre outras cousas, “a coherencia e o emprego dun léxico rico, variado e moi ben escollido” polo autor da obra.

No seu fallo, o xurado do Avelina Valladares explica que o poemario “recupera palabras pouco habituais, seleccionadas polas súa sonoridade e connotacións. Fai referencia a diferentes lugares da contorna estradense e dos territorios máis cercanos”.

Asemade na acta explican que “moitos do seus poemas teñen unha forte carga emotiva e sentimental, adicados a figuras cercanas como a nai, ou pequenos momentos que marcan fitos importantes na vida da voz poética”.

O xurado que elixiu O tempo entre as mans como obra gañadora estivo integardo por Gumersindo Villamayor Martínez; Rosalia Morlán Vieites; Ernesto David Otero Fernández e Dolores Araujo Arias, actuando como secretaria. Deu a coñer o fallo do xurado Esteban Folgar Brea a través de videoconferencia.

Dotado cun galardón en metálico de 2.000 euros, o Premio de Poesía Avelina Valladares está convocado polo Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares. Ademais de valorar o traballo dos poetas galegos e de preservar o cultivo da lingua como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural da nosa comunidade, este galardón busca divulgar a obra da poeta estradense Avelina Valladares, auténtica precursora, xunto co seu irmán Marcial, do cultivo literario da lingua no século XIX.

Nado na Estrada en 1965, Xosé Luna Sanmartín, mestre, escritor e editor galego, é a segunda vez que se alza co Avelina Valladares. A primeira foi no ano 2003 con Memorias do Cairo.

18 sep 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.