Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Maratón, concursos de curtas e fotos e charlas no festival de terror Panic

A ESTRADA. O concelleiro de Cultura de A Estrada, Juan Fontenla, presentou este venres a programación do Festival de cine de terror Panic, que se celebrará entre os días 20 de xaneiro e 3 de febreiro e inclúe concursos de curtas e fotos, maratón de cine e charlas sobre o xénero. Tamen haberá unha excursión á Porta do Alén no Monte Seixo en Cerdedo- Cotobade. Actividades todas de balde. Na presentación, Fontenla estivo acompañado do programador do Festival Pedro Pérez e o xerente de Minicines Central, Luis Rivadulla. O programa abrirase o 20 de febreriro, ás 20.00 horas no escenario do Teatro Principal coa charla da forense Rita Torres. A partir das 22.30 e ata as 7.00 da mañá do día seguinte terá lugar a clásica maratón de pelis de terror en pixama. Serán catro películas cun café ou chocolate entre medias. O venres 27, ás 20.00 horas, no Principal estará o actor e guionista Federico Pérez. Con el charlarase sobre TV, cine e o xénero de terror. E ás 22.30, en Minicines Central, proxectarase a quinta película do ciclo. E o 3 de febreiro no Principal estará un dos autores de bestsellers de terror e misterio máis importantes de todo o territorio español. Trátase de Manel Loureiro que falará da súa última novela La ladrona de huesos. s.e.

14 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.