Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O alcalde de Caldas anuncia inversión millonaria ao cumprir 15 anos no cargo

Caldas de Reis. Juan Manuel Rey celebrou os seus 15 anos como alcalde de Caldas de Reis mostrándose “moi agradecido polo apoio e confianza dos veciños e veciñas todos estes anos”, e o celebra anunciando “os máis de cinco de millóns de euros en investimentos que desenvolveranse ao longo do ano 2022, que suporán un ano récord no investimento”. Rey móstrase moi satisfeito dos proxectos de reforma urbana, posta en valor do patrimonio e protección da biodiversidade, como é o caso da praza das Palmeiras. Tamén moi orgulloso dos grandes investimentos como a Vía Verde ou a adquisición dos terreos e construción da Escola de Música, do Obradoiro de Emprego ou para o futuro Centro de Saúde. E cunha adquisición histórica para a vila como é a da finca de central hidroeléctrica de Segade e a progresiva recuperación do seu patrimonio histórico e ambiental.

Ademáis, celebra que para o 2022 xa están comprometidas obras por valor de máis de cinco millóns, destinadas principalmente a obras de saneamento, á humanización e reforma integral de rúas como a de Río Bermaña, a praza Dr. Sesto Casal ou travesía Dona Urraca. E tamén para obras na zona ARI e na Rúa Real, entre outros investimentos de aforro enerxético, de acondicionamento de Segade, e outras obras de restauración do patrimonio e de mellora do centro urbano e do rural. O alcalde sinala que “xa temos os proxectos redactados, e esperamos obter a apoio financeiro”. arca

18 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.