Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 30 octubre 2020
13:13
h

O Anton Losada reclama espacios dignos para a FP

A Estrada. O Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez de A Estrada reuniuse, con carácter extraordinario, o pasado luns para analizar a situación dos nove grupos de FP do centro que non dispoñen de aulas-taller onde iniciar o curso. A totalidade dos representantes da comunidade educativa do centro presentes na reunión coincidiron en que é imprescindible dignificar e poñer en valor a Formación Profesional diante da sociedade e dos sectores produtivos.

Nese senso, os integrantes do Consello Escolar do Antón Losada consideran irrenunciable “que o alumnado de Formación Profesional do centro sexa escolarizado en condicións dignas, en espazos acondicionados e seguros, cumprindo coas esixencias do protocolo covid tal como sucede co resto do alumnado de ESO e Bacharelato.

Os representantes da comunidade educativa entenden, por tanto, que eses nove grupos de Formación Profesional afectados non poderán iniciar o curso ata que se faciliten uns espazos dignos e axeitados para un uso educativo. s. elvira

16 sep 2020 / 19:57
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.