Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O comercio estradense expoñerá ‘Defensoras das semillas do cambio’

A mostra inaugúrase hoxe e recolle retratos e historias de vida de mulleres loitadoras

A Estrada. A Estrada acolle hoxe o Defensoras de Dereitos, proxecto e mostra impulsados pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD ca Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM- Defensoras).

No marco da segunda edición, hoxe ás 10.15 horas, terá lugar a inauguración de Defensoras Semillas de Cambio, unha exposición fotográfica que recolle os retratos e as historias de vida e acción política de mulleres defensoras de dereitos Humanos de Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua. A exposición estará instalada nos escaparates de dez comercios da Estrada ata o 20 de decembro.

O acto de inauguración da exposición terá lugar na praza de Galicia de A Estrada, e ao mesmo asistirán María Paz, portavoz da Coordinadora Galega de ONGD; Alfredo González Otero, presidente da Asociación de Comerciantes y el alcalde da Estrada José López Campos. Despois farán un pequeno percorrido por algúns dos comercios que acollen as distintas fotografías e historias de vida e loita destas loitadoras. s. e.

24 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.