Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello da Estrada loita para evitar o parque eólico

A Estrada. O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Constenla, anunciou que o Concello da Estrada vén de presentar en prazo un escrito que recolle 26 alegacións contra o proxecto do parque eólico Pedra Longa, que contempla a instalación de tres aeroxeradores en terreos da parroquia de Liripio. As alegacións foron elaboradas por técnicos especializados e remitidas á Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra.

Nelas, o Concello pide a retirada definitiva do proxecto ao consideralo incompatible cos valores ambientais, patrimoniais, paisaxísticos e turísticos presentes na súa área de influencia. Ademais, o escrito fai fincapé na imposibilidade de avaliar correctamente o impacto ambiental do parque eólico debido á fragmentación no tempo de distintos proxectos sectoriais.

Para a elaboración das alegacións, o goberno local tivo en conta as aportacións da veciñanza logo de reunirse o edil de Medio Ambiente coas persoas afectadas. Entre as razóns que esgrime o Concello para opoñerse ao parque eólico atópanse o seu incumprimento da lexislación ambiental española; da distancia mínima entre os aeroxeradores e os núcleos de poboación máis próximos; os efectos negativos que pode ter a súa construción sobre a calidade das captacións de auga e as incoherencias que presenta o Estudo de Impacto Ambiental sobre a afectación do parque a zonas de protección de avifauna, entre outras. C.E.

18 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.