Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O libro sobre a figura de Viana preséntase o 20 no MOME

A Estrada. A Asociación Cultural Vagalumes presenta na Estrada o libro de Roberto Mera, Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Será o vindeiro venres 20, ás 20.00 horas no MOME (Avenida Benito Vigo, 92. A Estrada).

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados, republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.

Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Viana organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas a distintos países de América, na súa maioría a México. Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de 11 meses de anguriante viaxe por África, chegou a México. Alí reencontrouse coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra. arca

17 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.